Ola, son André Mena Calavia, coñecido in Romhacking.net coma RetGal, acrónimo de "Retro Galicia". Este é un parche de tradución ó galego completamente funcional do xogo de Game Boy "uper Mario Land". Pouco despois de remata-la tradución de Zelda para SNES, e antes da súa estrea, deume tempo a facer tamén a tradución deste xogo apenas 24 horas despois de comezala; isto é, este parche xa ten case unha semana, mais non o subín para non pisotea-lo meu moito máis traballad parche do Zelda. Aquí pouco hai que dicir: pouco texto, todo moi apretado e sen apenas espazo para nada; o único que me deu problemas foi o "FIN", que é o que me levou máis da metade do tempo efectivo, aínda que cun pouco de enxeño non foi difícil atopalo e solventalo. Tamén o asunto de que o alfabeto integrado carecera de varias letras, entre elas o "X", polo que tiven que facelo propio e quedoume algo churro con respecto ó resto da estética, pero é o que millor quedaba de tódalas probas que fixen. Gústame tomar de cando en cando unha tradución tan sinxela, coa que podo xogar un algo coas frases ("A MODO!" en troques de "TIME UP", ou "A XOGAR!" en troques de "BONUS GAME") que lle dan algo de vida a algo bastante plano. -- FERRAMENTAS USADAS -- Habituais: ♦ Tiny Hexer, a millor que coñezo para ler hex e aplicar táboas. ♦ CrystalTile2, sinxela para ler e modificar tiles. ♦ Paint.net, esencial para trocar gráficos. ♦ Papel e lápis. Específicas deste proxecto: ♦ Ningunha -- TROCOS QUE REALIZA ESTE PARCHE -- Atinentes a tradución: ♥ Pantalla de título. ♥ TEMPO e FASE ♥ Textos de pausa, fin de tempo e bonus. ♥ Textos ó atopa-la Princsa Daisy (renomeada "Margarida") ♥ Créditos (todo o equipo orixinal respectado) ♥ Recoñecemento polo parche ó galego (agochado no medio da ROM, non visible durante o xogo) ♥ Todo o traducible que atopei, a fin de contas. Non atinentes a tradución: ♥ Ningún. -- QUE QUEDA POR FACER -- ♣ Considero este parche COMPLETO. -- CONTACTO -- Se alguén quere contactar por algunha razón sempre estou dispoñible en Romhacking.net --> https://www.romhacking.net/forum/index.php?action=profile;u=91332 Teño un blog tamén onde centralizo tódalas miñas traducións ó galego, e onde podedes contactar tamén comigo --> https://retrogaliciatraducions.blogspot.com/ Aburiño.