Sonic the Hedgehog (Mega Drive): Tradución ao galego 1- Introdución 2- Membros do equipo 3- Ferramentas utilizadas 4- Instrucións para aplicar o parche 5- Tradución do manual do xogo 6- Agradecementos _______________________________________________________________ 1- Introdución: Esnaquice a barreira do son en xogos de vídeo con Sónico, "o Ourizo". Desprácese nunha mancha usando o Súper Ataque Circular de Sónico. Faga un bucle sobre bucle derrotando a gravidade. Vostede incluso pode xirar 360º nun labirinto circular. ¡Vostede xamáis viu nada igual! _______________________________________________________________ 2- Membros do equipo: Timehero: Programación e edición de gráficos. javierator1981 (JML): Tradución. _______________________________________________________________ 3- Ferramentas utilizadas: Hivebrain's dissasembly SonMapEd by Xenowhirl Tile Layer pro by Kent Hansen _______________________________________________________________ 4- Instrucións para aplicar o parche: 1. Abrir o Lunar Ips. 2. Premer en "Apply IPS patch". 3. Escoller primeiro o parche e despois a rom*. * A rom ten que ser a versión americana/europea co MD5: 1BC674BE034E43C96B86487AC69D9293 _______________________________________________________________ 5- Tradución do manual do xogo: - CAIXA ------------------------------------------ SONIC O OURIZO 1 XOGADOR CARTUCHO DE 16 BITS Para usar co sistema de entretemento de vídeo Sega Megadrive Esnaquice a barreira do son en xogos de vídeo con Sónico, "o Ourizo". Desprácese nunha mancha usando o Súper Ataque Circular de Sónico. Faga un bucle sobre bucle derrotando a gravidade. Vostede incluso pode xirar 360º nun labirinto circular. ¡Vostede xamáis viu nada igual! Patentes: E.U. Nº. 4,442,486/4,454,594/4,462,076; Europa Nº 80244; Canadá Nº. 1,183,276; Hong Kong Nº. 88-4302; Singapur Nº. 88-155; Xapón Nº. 82-205605 (Pendente) © 1991 SEGA ENTERPRISES, LTD. Fabricado na China. - PORTADA DO MANUAL ------------------------------ MANUAL DE INSTRUCIÓNS SONIC O OURIZO - PÁXINA 2 --------------------------------------- Inicio 1. Prepare o seu sistema Sega Mega Drive/Genesis como se describe no seu manual de instruccións. Enchufe o controlador 1. 2. Asegúrese de que o interruptor de alimentación está na posición OFF. Insira entón o cartucho Sega na consola. 3. Poña o interruptor de alimentación en ON. Despois dun momento, aparecerá a pantalla do título. 4. Se non aparece a pantalla do título, poña en OFF o interruptor de alimentación. Asegúrese de que o cartucho estea axeitadamente inserido. Entón, volva por en ON o interruptor de alimentación. Importante: Asegúrese sempre de que o interruptor de alimentación estea en OFF antes de inserir ou de sacar o cartucho. Nota: Este xogo é só para un xogador. 1 Cartucho Sega 2 Controlador 1 - PÁXINA 4 --------------------------------------- ¡Derrote ao Dr. Robotnik! O Dr. Ivo Robotnik, un científico tolo, está raptando inocentes animais transformándoos en perversos robots. Só un tipo duro pode por fin ao sinistro esquema do científico demente. É Sónico "o Ourizo", co seu moderno corte de pelo e as súas zapatillas que lle brindan unha súper velocidade. Axude a Sónico a loitar contra as hordas de maniáticos metálicos e faga o bucle co Súper Ataque Circular de Sónico. Baixe a toda velocidade por túneles zigzagueantes e desprácese sobre perigosas trampas cazapailáns. Salte sobre os pozos de lava e esquive as rochas ardentes. Logo mergúllese nas frías augas cara unha caverna subterránea. - PÁXINA 6 --------------------------------------- Se conta con sorte, vostede pode entrar á zona secreta na que vostede pode circular nun labirinto flotante. O seu maior desafío atópase no laboratorio secreto, onde se atopará cara a cara co mesmo Dr. Robotnik. Xire no espazo, desprácese en bucle ata que sinta vertixe, salve aos animais e transfórmese nun Súper Heroe. Mude nun ser Sónico. Sexa Atómico. Tome o Control Para xogar mellor ao xogo, aprenda as funcións dos diferentes botóns antes do comezo. - PÁXINA 8 --------------------------------------- 1 Botón Direccional (Botón D) - Prema á dereita ou á esquerda para mover a Sónico nesas direccións. Prémao e mantéñao premido en calquera dirección para aumentar a súa velocidade. - Cando Sónico está inmóvil, prema cara arriba ou cara abaixo para ver a sección superior ou inferior da pantalla. (Isto non funcionará se Sónico xa se atopa no punto máis alto ou máis baixo.) 2 Botón de partida - Prémao para comezar o xogo. - Prémao para efectuar unha pausa; vólvao premer para reanudar o xogo. 3 4 5 Botón A, B ou C - Prémaos para efectuar o Ataque Circular Súper Sónico. - PÁXINA 10 -------------------------------------- Súper Acrobacias de Sónico - Prema o botón D cando Sónico está en movemento para quitarse de enriba inimigos mediante o Ataque Circular Súper Sónico. - Prema o botón A, B ou C para saltar mentres efectúa o Ataque Circular Súper Sónico. Comezo do Xogo Cando vostede acende a unidade, visualizarase a Pantalla do Título. Nalgúns momentos comeza o xogo de demostración. Prema o botón de partida para retornar á Pantalla do Título. Logo prémao novamente para comezar o xogo. - PÁXINA 12 -------------------------------------- Na Procura dos Aneis Como Sónico, vostede debe evadir trampas e robots maniáticos mentres se despraza a través de seis perigosas zonas utilizando o Ataque Circular Súper Sónico. A súa meta é rescatar aos seus amigos da gadoupa sinistra do científico tolo, o Dr. Robotnik. Será difícil manterse vivo, pero vostede pode tomar aneis no camiño. Mentres lle queden aneis, vostede non sufrirá dano ao ser atacado por un inimigo ou ao tocalo. (Con todo, vostede perderá tódolos seus aneis.) Se un inimigo o ataca cando vostede non ten ningún anel, ou non está a usar o Ataque Circular Súper Sónico, vostede perderá unha oportunidade de completar o xogo. (Incluso se vostede está usando o Ataque Circular Súper Sónico, vostede perderá unha vida se algo se estrela contra vostede.) - PÁXINA 14 -------------------------------------- Vostede pode saber os aneis que ten, as vidas que lle quedan e a súa puntuación mirando aos contadores na pantalla. 1 A súa puntuación actual 2 Cronómetro: Indícalle o tempo que transcorreu dende que vostede iniciou a etapa. Vostede ten dez minutos para pasar cada etapa. Se vostede pasa de dez minutos, aparecerá unha mensaxe "GAME OVER (xogo rematado)" e vostede perderá unha oportunidade de completar o xogo. (O tempo baséase no tempo de xogo, non na hora real.) 3 O número de aneis que ten. Cando este número se fai cero, comezará a escintilar. 4 O número de oportunidades que lle quedan a Sónico para pasar esta etapa. - PÁXINA 16 -------------------------------------- Postes Luminosos En cada Zona vostede pasará Postes Luminosos. Se vostede toca o Poste Luminoso, a súa puntuación e tempo quedarán rexistrados. Se vostede morre, poderá continuar o xogo dende o último Poste Luminoso que tocou. Vostede perderá tódolos seus aneis, pero continuará o xogo coa puntuación e o tempo que foi rexistrado. Ítems para Sobrevivir Abra os monitores de vídeo mediante o Ataque Circular Súper Sónico para obter armas especiais que lle axuden a derrotar ao sinistro Dr. Robotnik. 1 Súper Anel: Tomalo permítelle gañar dez aneis. - PÁXINA 18 -------------------------------------- 2 Escudo: Este protéxeo de perder os seus aneis ao ser atacado. Incluso se non lle quedan aneis, vostede non resultará danado. (Pero non o protexe doutros obstáculos.) 3 Zapatillas de Poder: Estas zapatillas permítenlle correr máis rápido. 4 Unha máis: Esta bríndalle unha oportunidade extra de completar o xogo. Nota: Tomar 100 Aneis tamén lle brinda unha oportunidade extra. 5 Invencíbel: Esta temporalmente manteno a salvo de ataques do inimigo. (Pero non o protexerá doutro tipo de obstáculos.) - PÁXINA 20 -------------------------------------- Voe a Través das Zonas Hai seis zonas cheas de acción, cada unha delas con tres excitantes Etapas. Vostede enfrontarase ao Dr. Robotnik ao final de cada terceira Etapa. 1 Zona do Outeiro Verde Pase arredor do bucle xigante, intérnese en túneles e chimpe sobre precipicios esborrallándose en fraccións de segundo. Salte sobre taboleiros con resortes, pero non sobre os cravos. ¡Ai! 2 Zona de Mármore Chimpe sobre piscinas de fervente lava vermella e illas en movemento. Logo atope o camiño ao pazo subterráneo, onde inmensas masas e bólas de lume voadoras lle bloquean o paso. - PÁXINA 22 -------------------------------------- 3 Zona do Xardín de Resortes Salte dende os resortes e rebote contra os rebotadores coma se estivera dentro dunha máquina de fliper. 4 Zona do Labirinto Explore o enleado labirinto cheo de auga. Iníciase unha conta regresiva para indicarlle que se lle está esgotando o osíxeno. Respirares das burbullas de aire permítelle evitar afogar. 5 Zona da Luz Estelar Voe a carón das estrelas como unha montaña rusa nun mundo que se torce coma se fose un sacarrollas. 6 Zona dos Refugallos Cerebrais Pisos metálicos esvaradizos, serras afiadas como follas de afeitar e roletes de moenda. Agora vostede está a un paso do agocho do Dr. Robotnik. - PÁXINA 24 -------------------------------------- Zona Secreta Se vostede obtén un certo número de aneis, pode entrar na Zona Secreta, onde vostede poderá rebotar en bloques multicores nun labirinto rotatorio de 360º. Hai seis Zonas Secretas. En cada zona, o seu obxectivo é tocar a Esmeralda Caótica. Use o Ataque Circular Súper Sónico para rebotar en diferentes tipos de bloques. A Zona Secreta é en realidade unha trampa. O seu único xeito de fuxir está nas seguintes dúas alternativas: - Tocar a Esmeralda Caótica. - Tocar a Meta. - PÁXINA 26 -------------------------------------- Bloques na Zona Secreta 1 Rebotador: Fágaos rebotar. 2 Invertedor: Cando vostede o toca, o labirinto rotará no sentido contrario. 3 Meta: Este é o fin da zona. Tóqueo para voltar á zona anterior. 4 Un máis: Tóqueo para obter unha oportunidade máis de completar o xogo. 5 Soporte de Chimpo: Salte dende estes. - PÁXINA 28 -------------------------------------- 6 Máis: Cando vostede o toca, o labirinto xirará máis rápido. 7 Menos: Cando vostede o toca, o labirinto xirará máis lento. 8 Esmeralda Caótica: Estas veñen en seis diferentes cores: amarela, rosada, azul, verde, vermella e branca. Vostede atopará unha delas en cada Zona Secreta. Apañe as seis. - PÁXINA 30 -------------------------------------- Remate do Xogo Vostede ten tres oportunidades para completar o xogo. Se vostede perde as tres oportunidades, o xogo remata. Continuar Se Sónico conta coa suficiente sorte para obter un Continuar, a pantalla de Continuación aparecerá despois de que Sónico perda a súa derradeira vida. Nesta pantalla, prema o botón de partida antes de que o cronómetro remate e continúe no punto no que Sónico perdeu a súa última vida. - PÁXINA 32 -------------------------------------- Puntuación Tódolos inimigos valen 100 puntos. Derrotar ao Dr. Robotnik ao cabo da Etapa 3 outórgalle 1.000 puntos. Tanto o Bono por Tempo coma o Bono por Aneis agréganse á súa puntuación final. Bono por Tempo Este bono baséase no tempo que lle leva pasar cada Etapa. Bono por Aneis Este bono determínase polo número de Aneis que lle quedan ao final dunha Etapa. - PÁXINA 34 -------------------------------------- Os Secuaces de Robotnik 1 A Piraña 2 A Cascuda Mecánica 3 A Nécora Asasina 4 O Rodador 5 A Avéspora Mortífera 6 Quenlla 7 A Miñoca Sinistra 8 O Porquiño 9 Newtron 10 Burrobot - PÁXINA 36 -------------------------------------- Axudas de Supervivencia para Sónico - Tome tódolos aneis que poida. - Observe o xeito no que se moven as trampas. Deste xeito vostede terá unha mellor oportunidade de evadilas ou fuxir delas. Vostede pode incluso tentar internarse nelas. - Busque a maneira de chegar a lugares que parecen inalcanzábeis. - Use o Ataque Circular Súper Sónico para atopar ítems ocultos. - Busque salas secretas. - Lembre que hai un Bono por tempo, así que pase por cada Etapa tan rápido como lle sexa posíbel. - Destrúa aos seus inimigos en sucesión para obter bonos extra. - PÁXINA 38 -------------------------------------- Manexo do Cartucho Este cartucho está deseñado únicamente para o sistema Sega Mega Drive/Genesis System. Para un mellor uso 1 ¡Non o molle! 2 ¡Non o dobre! 3 ¡Non lle dea golpes violentos! 4 ¡Non o expoña á luz directa do sol! 5 ¡Non o dane nin o raie! 6 ¡Non o expoña a altas temperaturas! 7 ¡Non o expoña a diluínte, bencina, etc.! - Cando estea húmido, séqueo por completo antes de usalo. - Cando estea lixoso, límpeo con coidado cun pano suave humedecido en auga con xabón. - Despois de usalo, colóqueo na súa funda. - Durante un xogo prolongado, tome algún tempo de descanso. AVISO: Para os usuarios que dispoñen de televisores tipo proxección. As imaxes fixas poden causar danos permanentes no tubo de imaxe ou marcar os fósforos do tubo de raios catódicos. Non empregue repetidamente nin durante períodos prolongados os xogos de vídeo en televisores de proxección de grandes pantallas. - CONTRAPORTADA DO MANUAL ------------------------ Patentes: E.U. Nº. 4,442,486/4,454,594/4,462,076; Europa Nº 80244; Canadá Nº. 1,183,276; Hong Kong Nº. 88-4302; Singapur Nº. 88-155; Xapón Nº. 82-205605 (Pendente) 672-0510-50S © 1991 SEGA ENTERPRISES, LTD. Impreso en Hong Kong. _______________________________________________________________ 6- Agradecementos - A SonicRetro.org, por toda a documentación que foron reunindo, sen a cal isto tería sido moito máis complicado. - A ElOtroLado.net e á xente que ofreceu a súa axuda.