Ola, son André Mena Calavia, coñecido in Romhacking.net coma RetGal, acrónimo de "Retro Galicia". Este é un parche de tradución ó galego completamente funcional do xogo de NES "Journey to Silius". Tra-los dores de cabeza que me deu tratar coa tradución de Pilotwings para SNES decidín meterme con algún xogo que non me dera moito problema, pero que ó mesmo tempo me motivara a traballar nel aínda que non teña moito tempo estes días que adicarlle. Foi así como decidín por "Journey to Silius", de agora en diante coñecido como "Camiño a Silius". Non é un xogo que teña moito texto, nin unha trama que pague a pena, nin un estilo de xogo que Megaman non teña xa masterizado na propia NES, pero mi má tremenda banda sonora! Só pola música pagoume a pena adicarlle o tempo que puiden, e agardo que se alguén non coñecía o xogo que o descubra grazas a esta tradución-publicidade do mesmo. En canto ó código, bastante limpiño e lóxico, acadei trocar todo o que me propuxen e encadra-los textos que, por toca-lo tamaño das palabras habilitadas, non quedaban centrados. Non sempre sinxelo pero en ningún momento sentinme un inútil. Así que engaiolado. Despois de completa-la tradución volvín xogar ó xogo de comezo a fin e non atopei erro ningún (nin na tradución nin na xogabilidade a modo de glitches ou bugs), para estar seguro de ter feito un traballo bo. -- FERRAMENTAS USADAS -- Habituais: ♦ Tiny Hexer, a millor que coñezo para ler hex e aplicar táboas. ♦ CrystalTile2, sinxela para ler e modificar tiles. ♦ Paint.net, esencial para trocar gráficos. ♦ Papel e lápis. Específicas deste proxecto: ♦ Ningunha. -- TROCOS QUE REALIZA ESTE PARCHE -- Atinentes a tradución: ♥ Título ♥ Inclusión de grafías de vogais con til e o "ñ". ♥ Menú segredo de selección ♥ Textos da historia ♥ Imaxes de "L" (life) e "A" (ammo) por "V" (vida) e "M" (munición) ♥ Imaxe do arma "H" (homming) por "R" (rastrexador) ♥ Créditos (todo o equipo orixinal respectado) ♥ Recoñecemento polo parche ó galego (tra-los créditos) ♥ Todo o traducible que atopei, a fin de contas, AGÁS o aviso legal da licenza de Terminator, xa que non é usada durante o xogo. -- QUE QUEDA POR FACER -- ♣ Á agarda de que non aparezan erros derivados deste traballo, considero esta tradución COMPLETA -- CONTACTO -- Se alguén quere contactar por algunha razón sempre estou dispoñible en Romhacking.net --> https://www.romhacking.net/forum/index.php?action=profile;u=91332 Teño un blog tamén onde centralizo tódalas miñas traducións ó galego, e onde podedes contactar tamén comigo --> https://retrogaliciatraducions.blogspot.com/ Aburiño.