Ola, son André Mena Calavia, coñecido in Romhacking.net coma RetGal, acrónimo de "Retro Galicia". Este é un parche de tradución ó galego completamente funcional do xogo "The Legend of Zelda: a Link to the Past", renomeado como "A Lenda de Zelda: un Elo ó Pasado" Comecei a traballar neste parche o pasado 28 de marzo de 2024, tra-los parches dos Pokemon da primeira xeración. De feito xa comezara a meterlle man un par de anos antes, modificando a pantalla de título co programa "Hyrule Magic", aínda que por aquelas non sabía ben o que facía e a pantalla estaba bastante glitcheada para os estándares que me esixo agora de calidade do meu traballo. Normalmente aquí fago un resumo do traballo e problemas que atopei coa tradución, pero esta vez podedes consultalo no meu blog en https://retrogaliciatraducions.blogspot.com/p/traducion-en-curso-zelda-snes.html para quen lle interese, e onde se explica o porque do título e outros trocos feitos (contén bastantes spoilers visuais, porén). Importante: o xogo está comprobado que funciona en consola real (tanto SFC, SNES americana e PAL europea), sen dar fallos nin crasheos nin nada polo estilo, de principio a fin. Teño que avisar: a tradución está pensada para a versión ROM NTSC do xogo. Isto é, non funciona se parchea-la versión ROM PAL europea (encherase de glitches gráficos). Porén, a versión parcheada da ROM NTSC pódese xogar en consola SNES PAL co cartucho apropiado, pero haberá desaxustes na música e os gráficos. Isto é: se xogas en SFC ou SNES americana o xogo verase e oirase ben; se o xogas en SNES europea tamén poderás xogar ben, mais ten en conta que a música ira descompasada coa imaxes, sendo que estas últimas van máis lentas que a música e polo tanto haberá espazos de silencio durante secuencias longas (os créditos finais, principalmente). Por que non traballei na versión europea, entón? Básicamente porque HM crashea cando intento acceder ós textos, seguramente porque estes (e a táboa de contraccións) atópanse en lugares distintos da ROM europea, polo que o programa atópase accedendo a outra parte da ROM e, por como está construída a súa lóxica interna, crashea. E sinceramente, o traballo dos textos sen esta ferramenta é demasiado liosa, máis cando con HM podo excede-lo límite de caracteres a usar por frase (mentres que a man tería que imitarme ó espazo orixinal, moi reducido en partes que usan demasiadas contraccións que pode que non coincidan coas que uso eu)... por iso o parche para a ROM PAL europea non está previsto que se faga. Resultaríame máis doado mesmo atopa-la forma de facer a música máis lenta, de saber como facelo. Nun futuro pode que o investigue, pero tras case dous meses de traballo estou amolecido. -- FERRAMENTAS USADAS -- Habituais: ♦ Tiny Hexer, a millor que coñezo para ler hex e aplicar táboas. ♦ CrystalTile2, sinxela para ler e modificar tiles. ♦ Paint.net, esencial para trocar gráficos. ♦ Papel e lápis. Específicas deste proxecto: ♦ Hyrule Magc (HM), unha ferramenta moi práctica para troca-la pantalla de inicio e (se a sabes manexar e non sen antes facer un traballo previo directo na ROM) moi útil para troca-los textos. -- TROCOS QUE REALIZA ESTE PARCHE -- Atinentes a tradución: ♥ Pantalla de título. ♥ Hud. ♥ Pantallas de copiar e borrar partidas. ♥ Orde do alfabeto e inserido letras con til e o ñ. ♥ Textos. ♥ Menús. ♥ Créditos (todo o equipo orixinal respectado) ♥ Recoñecemento polo parche ó galego (cara o final dos créditos) ♥ Todo o traducible que atopei, a fin de contas. ♥ A maiores engado unha imaxe da pegatina frontal do cartucho, traducida ó galego, para quen queira facer unha adaptación física do xogo. Non atinentes a tradución: ♥ O xogo ten aplicado te serie o parche de trocar obxectos cos botóns L e R, feito polo xenial Kazuto e que podedes atopar en https://www.romhacking.net/hacks/2879/ (onde atoparedes como desfacelo, por se non vos agrada). ♥ As paletas de colores das dúas armaduras (azul e vermella) trocaron; agora os sombreiros de cada armadura (amarelo e violeta respectivamente) son da mesma color que o traxe (azul e vermello). -- QUE QUEDA POR FACER -- ♣ Facer unha versión para a ROM PAL europea, xa que este parche non funciona nesa ROM (como xa expliquei máis arriba, e por que considero iso un quebradeiro de testa); o máis realita hoxe sería atoparmos unha forma de reduci-la velocidade das músicas (as dúas do final) un 16.6%, para que coincidan imaxe e son; aínda que tamén son incompetente niso, alomenos semella un troco máis sinxelo e realista que daría o mesmo resultado. -- CONTACTO -- Se alguén quere contactar por algunha razón sempre estou dispoñible en Romhacking.net --> https://www.romhacking.net/forum/index.php?action=profile;u=91332 Teño un blog tamén onde centralizo tódalas miñas traducións ó galego, e onde podedes contactar tamén comigo --> https://retrogaliciatraducions.blogspot.com/ Aburiño.