Ola, son André Mena Calavia, coñecido in Romhacking.net coma RetGal, acrónimo de "Retro Galicia". Este é un parche de tradución ó galego completamente funcional do xogo de SNES "Pilotwings" Despois de remata-la tradución de "Arcana" en apenas unha semana decidín tomar un pequeno descanso mentres estudaba que novo proxecto levar a cabo. Despois de xogar un pouco coa ROM de Pilotwings e comprobar que podía trocar algunhas imaxes (pantalla de título, abecedario) decidín traduci-lo xogo. A verdade é que os primeiros días, aínda que atopaba moitos prblemas, tiña bastante enxeño e daba acadado a traducir cousas que en principio parecían imposibles (principalmente as pantallas de inicio e o nome das misións na pantalla de selección), e dábame moito ánimo... pero cheguei ós diplomas, e aí esnafrei tan duro contra o asco programático que resultaron ser que, despois de varios días de loita para ver se daba feito, se me saíron por completo as ganas de segui-lo proxecto. Como vedes, non o deixei de todo, pero tampouco lle adiquei tantas ganas como Zelda ou Arcana; simplemente traducía un par de frases diarias, ou mesmo un curso enteiro cando tiña o día libre, e a pastar... como digo, sen moita gana, e tampouco é que o xogo teña trama ningunha para darlle á imaxinación (iso si, as misións dos helicópteros deixeime levar un pouco polo humor, así como co uso de nomes temáticos de aves, iso foi alegría dabondo, hehe) Como digo, estou algo alegre de rematar por fin este proxecto, tróuxome alegrías os primeiros días pero nestas últimas semanas xa se facía longo. E non pasou sequera un mes dende a miña última tradución, en serio síntoo como se pasara medio ano. En fin, moito quebradeiro de testa que podedes seguir aquí --> https://retrogaliciatraducions.blogspot.com/p/traducion-en-curso-pilotwings-snes.html -- FERRAMENTAS USADAS -- Habituais: ♦ Tiny Hexer, a millor que coñezo para ler hex e aplicar táboas. ♦ CrystalTile2, sinxela para ler e modificar tiles. ♦ Paint.net, esencial para trocar gráficos. ♦ Papel e lápis. Específicas deste proxecto: ♦ Ningunha; sei que existe "pw_decomp_v1_0" (foro do proxecto aquí --> https://www.romhacking.net/forum/index.php?topic=31179.0/1000 ) para descomprimir imaxes da ROM americana, pero non atopei forma para facelo funcionar (non programo en C++ nin en ningunha cousa, polo que non souben arrincalo) -- TROCOS QUE REALIZA ESTE PARCHE -- Atinentes a tradución: ♥ Menú de inicio ♥ Inclusión de grafías de vogais con til e o "ñ". ♥ Nomes de probas ♥ Intruccións de probas e manobras ♥ Mensaxes dos instructores ♥ Mensaxes en probas ♥ Diplomas e licenzas (agás algunhas partes)* ♥ Créditos (todo o equipo orixinal respectado) ♥ Recoñecemento polo parche ó galego (cara o final da ROM) ♥ Todo o traducible que atopei, a fin de contas. -- QUE QUEDA POR FACER -- ♣ Nos diplomas e licenzas de voo hay unhas cantas palabras que, pola forma de ser programadas, son imposibles de reorganizar para que a súa tradución quede decente; isto é, non é o mesmo ler "Licenza Clase A" que "A Clase Licenza"... é algo contra o que loitei dabondo e non atopei como ataxalo, de modo que supoño que quedará en inglés, por alomenos ter lóxica léxica. ♣ Emprega-la ferramenta "pw_decomp_v1_0" para traduci-las imaxes nos diplomas e licenzas, xa que esas deberían ser doadas de facer (de logro aprender como face funcionar C++)... pero tampouco me corre présa algunha. -- CONTACTO -- Se alguén quere contactar por algunha razón sempre estou dispoñible en Romhacking.net --> https://www.romhacking.net/forum/index.php?action=profile;u=91332 Teño un blog tamén onde centralizo tódalas miñas traducións ó galego, e onde podedes contactar tamén comigo --> https://retrogaliciatraducions.blogspot.com/ Aburiño.